Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2018

Unha obra que propón unha nova volta a un clásico, a historia de Manuel Blanco Romasanta. «Besta do seu sangue», de Emma Pedreira. Crítica de Armando Requeixo no «Diario Cultural»

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Besta do seu sangue, de Emma Pedreira. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2018, e está publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 3´30″.

Yolanda Castaño: «Quixen contaxiarlle aos debuxantes un novo desafío do que agardaba que namorasen» Entrevista no «Sermos Galiza» sobre «O puño e a letra»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Daniel Salgado á escritora Yolanda Castaño sobre o seu libro: O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético (Imaxe: Uxía Castro – Sermos Galiza).

Un título para acender os fogóns dos máis mozos: «Cociñando con Bolboretas no bandullo». Anotación no xornal «El Progreso»

O xornal El Progreso publicou unha anotación sobre o libro: Cociñando con Bolboretas no bandullo, de Diana Fernández e David Díaz, con ilustracións de Iván Rodríguez. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Ourense de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O martes 4 de decembro de 2018 ás 20,00 horas no local do Andén Primeiro, avda de Marín, s/nº, A Ponte, Ourense, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto. No acto, organizado pola Asociación Vía Vela e Andén I,  participarán Ana Gloria Rodríguez Alonso e Pepe de Entrimo. Os organizadores prometen sorpresa.