Menu Xerais

«Á busca das claves para entender as razóns de tanta memoria nesta novela.» Anotación de Ramón Nicolás no blog Caderno da Crítica sobre a presentación na Feira do Libro da Coruña de «Lapis na noite»

O crítico Ramón Nicolás publicou no blog Caderno da Crítica unha anotación sobre a presentación da súa novela Lapis na noite na Feira do Libro da Coruña.

 

Luz de agosto, na Coruña, para Lapis na noite


Hai un par de anos titulaba un apuntamento neste blog de xeito semellante logo da presentación na Feira do Libro da Coruña d´O espello do mundo. A casualidade -ou non- fixo que onte repetise experiencia con Lapis na noite e, realmente, foi unha fortuna contar coa palabra, e cos afectos, de todas e cada unha das persoas que asistiron e, en especial, de Fran Alonso, María Canosa e Mercedes Queixas que dixeron cousas ben fermosas sobre ela. Tres Lenas Grove, se se me permite, cuspidas á que inmortalizou Faulkner en Luz de agosto, á busca das claves que puidesen axudar a entender as razóns de tanta memoria nesta novela, dos ríos subterráneos que a percorren nesa liña imaxinaria trazada entre Arxentina e Galicia e da presenza dun xacarandá, claro, e fixérono inmellorablemente. A miña gratitude tamén a Xerais e á organización da Feira do Libro da Coruña.

Ramón Nicolás

Deixa un comentario!