Menu Xerais

A escritora e xornalista Rosa Aneiros gaña o II Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade. Anotación nos medios

A escritora e xornalista Rosa Aneiros gañou o II Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, pola obra: Tres bichiconas, dúas illas e unha serea. O certame está convocado polo Intituto de Estudos Chairegos (Iescha), o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia.

O xurado estivo formado pola escritora María Reimóndez, gañadora da primeira edición do certame; o editor Manuel Bragado e a crítica literaria e tradutora Isabel Soto.

A noticia foi recollida polos xornais La Voz de GaliciaEl ProgresoSermos Galiza, Brétemas.

O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nas seguintes ligazóns: La Voz de Galicia / El Progreso / Sermos Galiza / Brétemas.

 

 

 

 

 

 



Deixa un comentario!