Menu Xerais

A escritora Ledicia Costas e o poeta Antonio García Teijeiro serán nomeados vigueses distinguidos

O alcalde de Vigo acordou onte propoñer á escritora Ledicia Costas e ao poeta Antonio García Teijeiro, como vigueses distinguidos, proposta que será trasladada ao pleno do vindiero luns 26 de marzo. Tanto Ledicia Costas como Antonio García Teijeiro foron galardoados co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil; en 2015, coa novela Escarlatina, a cociñeira defunta, a primeira; e en 2017, co libro Poemar o mar,  o segundo.  Canda os dous escritores, serán recoñecidos tamén os centros Centros de Educación Infantil e Primaria Doutor Fleming e Canicouva, que celebran os seus 50 anos de vida.

Desde Xerais, queremos darlles os parabéns ao estes dous escritores cunha amplísima traxectoria literaria que se materializa en obras de referencia para a literatura.

 

 

 

Deixa un comentario!