Menu Xerais

A identidade familiar, a culpa e a perda en «Fóra de si», a novela de Suso de Toro que sairá en febreiro

Coolt, revista de tendencias, publicou unha breve anotación de Cristina Fernández sobre Fóra de si, a próxima novela de Suso de Toro, que Xerais publicará en febreiro.

 

Fóra de si

Suso de Toro regresa en 2018, e faino cunha ficción sobre a identidade familiar, a perda e a culpa. Fóra de si é a historia de Ricardo Marzoa, quen, logo de visitar o seu pai na residencia onde está interno, sofre unha especie de crise existencial. Pésanlle os anos, as moitas voltas e reviravoltas que leva dadas, mesmo algunha morte recente. Cae ao abismo tanto no plano persoal como profesional, e remata precisando urxentemente de axuda psicolóxica. Como sairá desta?

 

Deixa un comentario!