Menu Xerais

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2018

Do xoves 28 de xuño ao sábado 7 de xullo, terá lugar, na Porta do Sol, a Feira do Libro de Vigo 2018 e na que Xerais ten organizados os actos seguintes:

Martes  3 de xullo de 2018

 19:00 h Contacontos infantil a cargo de Iago López, autor de O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas. Ao remate asinará exemplares do libro.

19:00 h Jorge Lamas asinará exemplares do seu libro Historias de Vigo.

19:45 h María Reimóndez presenta Fóra do normal acompañada de Éric Dopazo e Fran Alonso, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017. Ao remate asinará exemplares da súa obra.

 

 

 

 

 Mércores 4 de xullo  de 2018

19:00 h Anaír Rodríguez asinará exemplares do seu libro Pioneiras. Galegas que abriron camiño

19:45 h. Conversa con Ledicia Costas acompañada de Fran Alonso:  “Mulleres revolucionarias na obra de Ledicia Costas”

 

 

 

 

Xoves 5 de xullo de 2018

 18:00 h. Anxo Fariña asina Os Megatoxos e a batalla de Rande e o resto da súa obra.

 19:00 h. Fran Alonso asinará exemplares de Street Poems e do resto da súa obra.

 

 

 

 

 

19:45 h. Ramón Nicolás presenta Lapis na noite acompañado de María Xosé Porteiro e Fran Alonso. Ao remate asinará exemplares da súa obra.

 

 

 

 

Venres 6 de xullo de 2018

18:00 h. Ledicia Costasasina acompañada dos ilustradores Víctor Rivas e Andrés Meixide.

19:45 h Conversa con Pedro Feijoo acompañado de Manuel Bragado: “D’Os fillos do mar a Sen piedade pasando por Camiñar o Vigo vello”. Ao remate asinará exemplares da súa obra.

 

 

 

 

Os días 2-3 e 4 de xullo, ás 18:30 horas a  Feira do Libro de Vigo  organiza un paseo polo casco vello con Pedro Feijoo,  autor do libro Camiñar o Vigo vello.

Nesta actividade poderán participar un máximo de 25 persoas por día previa inscrición na Caseta de Secretaría da Feira. Poden participara todas as persoas que presenten un comprobante de compra na feira. A inscrición será por rigorosa orde de chegada.

Deixa un comentario!