Menu Xerais

Cando o poder quere exercer o dominio: «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Tertulia do Club de Lectura de Radiofusión

Club de lectura Radiofusión debate sobre a novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo.

As valoracións dos asistentes poden escoitarse nesta ligazón.

 

Cando o poder quere exercer o dominio

O mundo das salas de exhibición cinematográfica está moi presente na novela de Xabier P.DoCampo “A nena do abrigo de astracán”. Unha rapaza interpreta e conta aspelículas que se vían en Lugo nos anos 1947 e 1948. A vila de Ribadainsua convertese en narradora dunha historia sobre a vida na ditadura. “Cando o poder quere exercer o dominio, utiliza o temor, as ameazas e a represión” afirma Andrés C.M. Riveira. Con Esther Val e Carlos Valle “Karlotty” falaron da obra do escritor de Rábade.

O experto en cine Pepe Coira definiu “A nena do abrigo de astracán”, como “unha novela maior, unha obra realista que ofrece un cadro moi fiel dun momento da nosa historia, mais que tamén visita o territorio dos faiados da memoria e do fantástico, sen menoscabo de constituír unha grande homenaxe ao cinema contando sete películas clásicas, todas proxectadas en Lugo durante os anos 47 e 48, os mesmos nos que se desenvolve a historia, ademais d´ A noite do cazador, que se cita na dedicatoria”.
“Finalmente quedei con sete films. Non podía faltar unha película de John Ford nin unha infantil, O mago de Oz. Quixen abrir a novela cunha comedia, Historias de Filadelfia. Como tiña que estar A ponte de Waterloo. Outras viñeron ao fío da trama como Rebeca, A luz que agoniza ou A loba, que escollín para pechar a novela e abordar o tema do mal. Non creo na banalidade do mal, que me perdoe Hannah Arendt, como sinalei en Cando petan na porta pola noite, o tipo máis malo do mundo ten remorso”. Son palabras de Xabier P. DoCampo, autor de A nena do abrigo de astracán.

Deixa un comentario!