Menu Xerais

Case unha vintena de autoras e autores de Xerais participan na Festa dos Libros de Pontevedra 2018

Os días 22-23 e 24 de xuño, na Praza da Ferrería de Pontevedra terá lugar unha nova edición da Festa dos Libros.

Aquí presentamos o programa de actividades de Xerais.

 

 

 

Venres 22 de xuño de 2018

19.00 h Manuel Lourenzo González presenta Ceiba de Luz  conversa con Manuel Bragado. Ao remate asina no Espazo da libraría Paz

20:00 h. Carlos Taboada asina A biblioteca de Pedrarcana no Espazo Lector Nobel

21.00 h Mesa redonda sobre Mª Victoria Moreno. Modera Manuel Bragado. Inteveñen: Fina Casalderrey, Eli Ríos, Montse Fajardo, Ánxela Gracián

22:00 h. Fina Casalderrey asina no Espazo Seijas

 

 Sábado 23 de xuño de 2018

12:30 h. Lois Pérez, autor de Long Play e Santiago Lopo, autor de A arte de Trovar conversarán no “vermú con libros”. Ao remate asinarán no Espazo da libraría Paz.

12:30 h. Carlos Taboada A biblioteca de Pedrarcana no Espazo Clip

13.30 h. Diego Ameixeiras presenta A crueldade de abril conversa con Susana Pedreira. Ao remate asinará no Espazo Cronopios

18.00 h. Marga Tojo autora de  Maternidade fóra de catálogo conversa con Fran Alonso. Ao remate asinará no Espazo da libraría Paz

19:00 h. Fran Alonso asina Street Poems no Espazo da libraría Seijas

20:00 h. Anxo Fariña, autor de Os Megatoxos e a batalla de Rande, asina no Espazo Lector Nobel

 

Domingo 24 de xuño de 2018

 11.30 h. Ledicia Costas, acompañada dos ilustradores Andrés Meixide e Víctor Rivas, asinan no Espazo da libraría Paz

 13.00 h. Pedro Feijoo presenta Sen piedade conversa con Susana Pedreira. Ao remate asinará no Espazo Cronopios

18:00 h. Iolanda Zúñiga  Noites de safari, no Espazo da libraría Paz

18:30 h. Adrián Morgade, autor de  Xinfu na maldición guauchuky, asina en La Nube de Papel

20:30 h. Eva Mejuto, autora de 22 segundos, asina no Espazo Seijas

 21:00 h. Suso de Toro presenta Fóra de si conversa con Fran Alonso. Ao remate asinará no Espazo Cronopios

 

Deixa un comentario!