Menu Xerais

Deses libros que dá gusto mirar, ollar e volver a el para relelo de cando en vez: «Paseniño, paseniño», de Antonio Díaz Teijeiro. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Paseniño, paseniño, de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Marcos Viso.


Paseniño, paseniño

Deses libros alfaia que dá gusto mirar, ollar, e volver a el para relelo de cando en vez, do mesmo xeito que nos indica o título, paseniño: Paseniño, paseniño de Antonio García Teijeiro con ilustracións de Marcos Viso, ilustrador que se manifesta con gran delicadeza na súa interpretación dos poemas que acompaña.

Un diálogo coa obra da nosa Rosalía que vén de se reeditar xunto cun CD con poemas recitados polos autor e que publica Xerais.

Os poemas parten do diálogo que o poeta establece con Rosalía, e nese diálogo fálase de natureza e fálase de amor, mesmo fálase da palabra poética que é quen de producir poemas como os que acariñamos coas mans. Como somos quen de acariñar as ilustracións que xogan con estas palabras, que reinterpretan, que contradin, pero que sobre todo homenaxean a Rosalía, coa presenza das súas iniciais.

Sinto non ter o libro inicial publicado en Everest e ilustrado polo gran Cobas.

Deixa un comentario!