Menu Xerais

«Escarlatina, a cociñeira defunta», fala coreano. Noticia no «Sermos Galiza» sobre a publicación en coreano do libro de Ledicia Costas

O xornal Sermos Galiza publicou unha información sobre a publicación en coreano do libro: Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, ilustrado por Víctor Rivas. O libro vén de ser publicado pola editorial Pink Whale e a traducción é de Jeongha Kim.

 

«Escarlatina, a cociñeira defunta», fala coreano


O máis exitoso dos exitosos libros da escritora Ledicia Costas, Escarlatina, a cociñeira defunta (2014), fala coreano. A editorial Pink Whale acaba de publicar a historia de Escarlatina, a cociñeira do século XIX que, acompañada da araña Lady Horreur, elabora “gorentosas receitas” no inframundo. A tradución é de Jeongha Kim.

A obra que lle valeu a Costas (Vigo, 1979) o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil do Ministerio de Cultura, nas librarías da man de Edicións Xerais, atópase traducida ao castelán ou ao catalán. O pasado ano, a autora deulle continuidade ao personaxe con Os arquivos secretos de Escarlatina (Xerais).

Os seus títulos máis recentes, deste ano e tamén no prelo de Xerais, son As peripecias de Extravaganzza Pérez A balada dos unicornios, ambas as dúas dirixidas ao lectorado infantil e xuvenil. En coleccións enfocadas a persoas adultas, Ledicia Costas publicou Un animal chamado néboa (Xerais, 2015), relatos ambientados na II Guerra Mundial.

Deixa un comentario!