Menu Xerais

Excelente presenza dos libros de Xerais entre os 50 máis lidos nos Clubs de Lectura

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais. A obra de Agustín Fernández Paz segue moi viva, de feito, sete libros seus sitúanse entre os 50 máis lidos: Cartas de inverno, A neve interminable, Contos por palabras, O único que queda é o amor, Noite de voraces sombras, Lúa do Senegal e Corredores de sombras. Tamén a escritora Ledicia Costas ocupa un posto relevante, con catro libros entre os 25 primeiros títulos da lista, encabezados por Escarlatina, a cociñeira defunta, ao que siguen Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, O corazón de Xúpiter e Esmeraldina, a pequena defuntaLogo, séguena títulos coma Penúltimas tendencias, de  Carlos Negro, autor do que tamén figura Maquinaria e Masculino singularEuropa Express, de Andrea Maceiras; As horas roubadas, de María Solar; Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo; Cando petan na porta pola noite, de  Xabier P. DoCampo; Izan o da saca, de Xabier Quiroga; Enderezo descoñecido, de Kressman Taylor; A ira dos mansos, de Manuel Esteban; Os fillos do mar, de Pedro Feijoo; Dragal I. A herdanza do dragón, de Elena Gallego; Xa non estou aquí, de Iria Misa; O anxo negro, de Manuel Gago; e O vixía no centeo, de J. D. Salinger.

 

Deixa un comentario!