Menu Xerais

Jules Verne, o escritor que deixou unha estela no mar literario da Ría de Vigo

Con motivo de que se cumpren 150 anos desde que o escritor Jules Verne introduciu o submariño Nautilus na ría de Vigo na súa novela 20.000 leguas baixo dos mares, están publicándose diversas informacións e artigos relacionados co feito, así como a celebración dun Encontro Internacional, De Verne a Vigo, no que partipan destacados especialistas de diversas partes do mundo, incluída a escritora Ledicia Costas, autora da novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. O xornalista Eduardo Rolland é o director deste evento e conta moitas cousas sobre Jules Verne e Vigo nesta entrevista da TVG.

O director de Xerais, Manuel Bragado, publicou tamén no Faro de Vigo  un artigo sobre Jules Verne e Vigo, que pode lerse nesta ligazón e que reproducimos máis abaixo.

De feito, o premio de Literatura Xuvenil que Xerais celebra anualmente leva tamén o nome de Jules Verne, como homenaxe ao escritor que incrementou a importante dimensión literaria da ría de Vigo, e a convocatoria para este 2018 está aberta á recepción de orixinais e poden ser consultadas as súas bases nesta ligazón. A dimensión literaria da ría comenzou varios séculos antes, canda os xograres do mar de Vigo, feito do que dá fe o Pergamiño Vindel e que Xerais enfatizou desde diversas publicación coma esta, de Xosé Ramón Pena.

O catálogo literario de Xerais inclúe, ademais, tres novelas do escritor universal nacido en Nantes en 1828, Jules Verne: A illa misteriosa, A volta ao mundo en 80 días e Viaxe ao centro da terra.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixa un comentario!