Menu Xerais

“Lendo lendas, digo versos” de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, Lista de Honra do IBBY 2018

O libro Lendo lendas, digo versos de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa  e con ilustracións de Xosé Cobas foi nomeado para a Lista de Honra do IBBY, 2018.

Cada dous anos se publica en inglés o catálogo da Lista de Honra do IBBY que inclúe os libros que se consideran sobresaíntes pola calidade dos textos, ilustracións ou traducións. Esta selección de títulos pretende dar a coñecer os libros que mellor representan a literatura actual de cada un dos países que forman parte do IBBY e recomenda a publicación en todo o mundo das obras seleccionadas.

Este ano o catálogo será presentado en agosto no 36º Congreso Mundial do IBBY que terá lugar na cidade de Atenas, Grecia e os libros seleccionados formarán parte dunhas exposicións itinerantes que viaxarán a Xapón, Rusia, EE.UU. e á Feira do Libro Infantil Boloña 2019 para logo formar parte dos depósitos da Internationale Jugendbibliothek  de München.

Deixa un comentario!