Menu Xerais

Lois Pérez, autor do libro de poemas «Long Play», gañador do certame «aRi[t]mar Galiza e Portugal»

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela deu a coñecer os autores gañadores do certame aRi[t]mar galiza e portugal aos mellores poemas publicados en Galicia e en Portugal en 2017. Nesta edición os elixidos foron Lois Pérez, por “Blues do rei Bergman = B.B. King (Long Play, Xerais, 2017), e Alexandre Brea, por “Com o ritmo da chuva” (O livro branco, Livros de Ontem, 2017).

Os poemas serán interpretados nunha gala que se realizará no Teatro Principal de Santiago de Compostela xunto coas músicas gañadoras e a presenza dos promotores da iniciativa Convergências Portugal Galiza, premio aRi[t]mar da Embaixada da amizade galego-lusófona.

As seguintes clasificadas foron Eli Ríos, por “Arróstrasme Ítacas”, e Cláudia R. Sampaio, por “Sou mulher de vestígios fáceis e dignos” e, en terceiro lugar, Marta da Costa por “Tira a roupa” e Ana Luísa Amaral por “Aprendizagens”.

A información foi recollida polo xornal El Progreso.

 

 

 

 

Deixa un comentario!