Menu Xerais

Manuel Bragado causou baixa como Director Xeral de Xerais a petición propia

Con data de hoxe Manuel Bragado Rodríguez causou baixa como Director Xeral de Edicións Xerais de Galicia a petición propia.

Manuel Bragado continuará colaborando coas empresas do Grupo Anaya en Galicia como asesor editorial polo que seguirá vencellado á nova etapa que se abre a partir de agora.

Xerais agradécelle a profunda e comprometida dedicación destes 28 anos desenvolvendo un proxecto editorial que dinamizou e liderou  durante 24 anos.

Todo este tempo supuxo un intenso revulsivo para a proxección social da cultura galega a través dos libros e a lectura.

Deixa un comentario!