Menu Xerais

Novidade: «Aplicación instantánea», de Carlos Negro. Un libro de poesía que conecta de modo inmediato co sistema operativo das túas emocións


Aplicación instantánea
, de Carlos Negro, é unha novidade da colección Fóra de Xogo de Xerais. A novela gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018.

Con Aplicación instantánea, a poesía conecta de modo inmediato co sistema operativo das túas emocións. Se decides descargar este programa no teu menú de lecturas, terás acceso ilimitado ao universo afectivo de catro avatares que entran na vida co furor da irreverencia: contra a orde exacta dos armarios, contra o balbordo das atraccións de feira, contra o monocultivo cerebral dos eucaliptos, contra a ferruxe dos discursos que ignoran o movemento das dunas.

Atrévete a entrar e descubrirás que a poesía ofrece sempre un perfil inesperado.

Síguenos en Instagram: @aplicacion_instantanea

Deixa un comentario!