Menu Xerais

Novidade: «Eu ben vin, virivín», de Manuel Rico Verea. Un compendio dos recitados máis representativos do cancioneiro de tradición oral infantil


Eu ben vin, virivín
, de Manuel Rico Verea, con ilustracións de David Rodríguez, é unha novidade da colección Álbums de Xerais.

Este libro compendia as prosodias, rimas, recitados, fórmulas máxicas e encadeados máis representativos do cancioneiro de tradición oral infantil que nos falan do mundo dos animais e que, por seren transmitidos de xeración en xeración, están moi ligados á cultura popular e ás veces a ritos ancestrais.

O libro acompáñase dun documento sonoro creado polo Obradoiro Experimental de Música Tradicional, formado por Nani García e Manuel Rico, que nos aproxima a novas referencias musicais recreando as melodías do cancioneiro tradicional.

Deixa un comentario!