Menu Xerais

Novidade: «Mamá, quero ser Ziggy Stardust», de Iria Misa. A historia de Aine, unha meniña de nove anos que de maior quere ser igual que un músico marciano chamado Ziggy Stardust

Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa, ilustrado por Alba Barreiro, é unha novidade da colección de infantil e xuvenil Sopa de Libros.

Aine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións. Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición. Era sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto coma os camaleóns. Un arreguizo estraño percorreulle o corpo cando se fixou na roupa que vestía, pois non soubo se era de home ou de muller. Emocionouse ao ver que tiña o cabelo roxo, tan semellante ao seu. Escoitou aquela canción que falaba dun extraterrestre que só quería cantar e bailar e tivo unha revelación: Aine, de maior, sería igual que Ziggy Stardust, un músico marciano que podía ser todo o que lle dese a gana. Coa axuda de Thomas, o seu inseparable amigo imaxinario, íao lograr.

Deixa un comentario!