Menu Xerais

Novidade: «Música no faiado», de Miguel Ángel Alonso Diz. Un libro de gran sensibilidade que ispe acontecementos do pasado recente dunha familia


Música no faiado,
de Miguel Ángel Alonso Diz, é unha novidade da colección infantil e xuvenil Merlín de de Xerais. O libro está ilustrado por Laura Tova.

Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos.

A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente dunha familia que non deixan de ser tamén o relato compartido de moitos galegos e galegas.

Deixa un comentario!