Menu Xerais

Novidade: «O ladrón de soños», de Sabela Fernández Trelles. Por que hai alguén que se dedica a roubarlles os soños aos nenos e ás nenas de Soñovai?

O ladrón de soños, de Sabela Fernández Trelles, ilustrado por Alicia Suárez, é unha novidade da colección Pequeno Merlín.

Todas as noites, na cidade de Soñovai, Uxío o Mago encárgase de que os nenos e nenas teñan soños marabillosos. O que non sabe aínda é que preto de alí vive o ladrón de soños, que desexa levar canda el todas esas fantasías. Cal pode ser o motivo de que queira roubar as ilusións?

Deixa un comentario!