Menu Xerais

O álbum «Pioneiras», de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz, e a novela «Fóra de si», de Suso de Toro, son os libros máis recomendados na Tabela dos Libros de marzo

O álbum PioneirasGalegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de marzo, seguido da novela Fóra de si, de Suso de Toro. A Tabela dos libros é unha valoración crítica a xeito de rankquing que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo.

 

Deixa un comentario!