Menu Xerais

O amor pola lectura: «Un mundo de palabras», de Agustín Fernández Paz. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro Un mundo de palabras, de Agustín Fernández Paz.

 

Un mundo de palabras

Agustín Fernández Paz deixounos Un mundo de palabras (publicado por Xerais), para ler e reler. Compilación de artigos e conferencias súas que teñen en común o amor pola lectura e pola palabra, ese seu amorque sobresaía en cada palabra del, en cada xesto, e que plasma nestas páxinas como unha paixón que se converte en necesidade de vida, non só para el senón tamén para quen o le. A defensa do papel das Bibliotecas, da lectura en voz alta, as reflexións sobre oas lecturas obrigatorias (materia pendente con tanta parte do profesorado noso) que non deben existir son partes que cómpre destacar. Asemade, amosános consellos para que o noso alumnado lea máis e apórtanos algunhas das súas experiencias persoais como profesor-lector.

 

Deixa un comentario!