Menu Xerais

O escritor Antonio García Teijeiro participou con «Poemar o mar» nunha sesión de Espazo Lectura no Museo do Mar de Galicia

¡Este pasado sábado, o escritor Antonio García Teijeiro desprazouse ao Museo do Mar de Galicia, en Vigo, para participar na sesión do Club de Lectura Lendo Contigo que Espazo Lectura organizou arredor do libro Poemar o marque foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017. Reproducimos o texto de convocatoria de Espazo Lectura, o vídeo elaborado para a sesión do club de lectura e algunhas fotos da asociación sobre o acto.

 

Este mes, o Lendo Contigo desprázase ao Museo do Mar de Galicia da man deAntonio García Teijeiro

O vindeiro 17 de marzo imos celebrar a poesía con Antonio García Teijeiro e a obra Poemar o mar (Xerais), Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2017. Contaremos coa presenza do autor e poderemos comentar a obra e facer un pequeno recitado poético nun escenario marítimo. A sesión, coma sempre, será ás 12:00h, pero quedaremos na entrada do Museo do Mar de Galicia, en Vigo, ás 11:55h para dirixirnos xuntos á ubicación exacta en que terá lugar o club de lectura. Calquera persoa interesada pode achegarse e participar. Este é o convite do noso Luisiño:

Deixa un comentario!