Menu Xerais

O escritor Cid Cabido gaña o Premio Ánxel Fole de Narrativa Breve coa novela «Tres pintores»

O escritor Cid Cabido gañou esta pasada fin de semana o Premio Premio Ánxel Fole de Narrativa Breve, que convoca o Concello de Lugo, coa novela Tres pintores e regresa á narrativa logo de nove anos de silencio. O xurado, reuniuse na tarde do venres  baixo a presidencia con voz e sen voto da Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre e estivo composto por Carmen Conde, filóloga, escritora e guionista; Lois Pérez, mestre, poeta, narrador oral e contador de historias Lois Pérez; e Manuel Bragado, ensaísta e editor, director de Edicións Xerais de Galicia. O premio está dotado con 4.000 euros e a novela gañadora será publicada por Xerais. Tal e como se informa na web Letra en Obras, Cid Cabido é un autor moi aprezado pola crítica e un dos escritores máis relevantes da literatura galega.

Nacido en 1959, Cid Cabido ten publicadas, entre outras, as seguintes obras de narrativa: Días contados (Xerais 1991), relatos, Premio Cidade de Lugo de Narrativa; Panificadora (Xerais 1994), novela, Premio Blanco Amor de novela 1994; Oralmente pola boca (Xerais 1997), relatos; grupo abeliano (Xerais 1999), Premio Blanco Amor de novela 1999, traducida ao castelán por Alianza Editorial; Fálame sempre (Xerais 2003), relatos, Blúmsdei (Xerais 2006), novela; Unha historia que non vou contar (Xerais 2009), novela e Antón Reixa. Ghicho distinto (Xerais 2012).

Reproducimos a primeira páxina da novela, que publicou o director de Xerais, Manuel Bragado, na súa conta de Twitter.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixa un comentario!