Menu Xerais

O libro de relatos «Elefante», de Manuel Darriba, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros

 O libro de relatos Elefante, de Manuel Darriba, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de febreiro. A Tabela dos libros é unha valoración crítica a xeito de rankquing que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo.

Toda a información sobre o libro de relatos Elefante, de Manuel Darriba, pode lerse nesta ligazón.

Deixa un comentario!