Menu Xerais

Os libros de poemas «Corpo», de Antón Lopo, e «Street Poems», de Fran Alonso, lideran os máis recomendados na Tabela dos Libros de maio

O libro de poemas Corpo, de Antón Lopo, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de maio. En terceiro lugar sitúase outro texto poético, Street Poems, de Fran Alonso.

A Tabela dos libros é unha valoración crítica a xeito de ranking que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixa un comentario!