Menu Xerais

Os Premios da Crítica recoñecen ao escritor galego, recentemente falecido, Xabier P. DoCampo, polo libro: «A nena do abrigo de astracán». Anotación nos medios

A Fundación dos Premios da Crítica de Galicia celebrou o día 3 de novembro de 2018 a súa reunión anual en Vigo para recoñecer aos principais protagonistas da vida cultural, política e social do país.

Nesta ocasión, o premio na modalidade de Creación Literaria foi para o escritor galego, recentemente falecido, Xabier P. DoCampo, polo libro: A nena do abrigo de astracán, unha obra editada por Xerais na colección Narrativa (2ª Edición – Premio Gala do Libro Galego (Narrativa), 2018 – Premio da Crítica de Galicia, Creación Literaria 2018).

A noticia foi recollida polos medios: Atlántico Diario, El Correo Gallego e La Región.

Os artigos poden lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns: Atlántico Diario, El Correo Gallego e La Región.

 

 

 

 

 

 


 

 

 


Deixa un comentario!