Publicado o 8 Xaneiro, 2018 nas categorías Críticas, Crónica
O escritor Diego Ameixeiras publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017), de Martiño Noriega e Daniel Salgado.
Ler máis →
Publicado o 8 Xaneiro, 2018 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O blog Palabras de man ao corazón, de Diana Pastoriza, publicou unha recensión sobre a novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo.
Letters in Books: «A nena do abrigo de astracán»
O sentido de pertenza. Belongingness. Unha necesidade humana de encaixar e de sentirse conectado a outros. Un traballo en equipo en tanto implica aceptación de parte do propio individuo e do grupo.
Ler máis →
Publicado o 8 Xaneiro, 2018 nas categorías Álbums, Blogs, Críticas, Infantil
Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e aloumiños unha recensión sobre os álbums ilustrados Cincenta e as zapatillas peludas e Brancaneves e os 77 ananiños, de Davide Cali.
Dúas propostas editoriais imprescindibles para o lectorado infantil
Seguindo cos máis pequenos, falaremos hoxe de dúas propostas ben atraentes.
Ler máis →
Publicado o 5 Xaneiro, 2018 nas categorías Blogs, Eventos
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre aos aniversarios de Elixio Rodríguez e Celso Emilio Ferreiro.
No aniversario de Celso Emilio e Elixio Rodríguez
Poucas veces raparamos na coincidencia na data do 4 de xaneiro do nacemento de Elixio Rodríguez e Celso Emilio Ferreiro, o primeiro en Grou en 1910 e o poeta de Celanova en 1912.
Ler máis →
Publicado o 5 Xaneiro, 2018 nas categorías Críticas, Narrativa, Radio
O programa Chamando á terrra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Malores Villanueva sobre Vidas post-it, o libro de relatos que descubriu a Iolanda Zúñiga.
A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 5 Xaneiro, 2018 nas categorías Clubs_de_lectura, Narrativa
O xoves 11 de xaneiro de 2018 a partir das 20:30 horas, a librería Bahía de Foz en colaboración co club de lectura da Asociación Cultural A Pomba do Arco, organizan un encontro para falar do libro A raíña das velutinas de Lionel Rexes XXIII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey.
O club de lectura escolleu esta novela como lectura común para o pasado mes de decembro e agora manterán un encontro co autor.
Ler máis →
Publicado o 4 Xaneiro, 2018 nas categorías Entrevistas, Poesía, Radio
O Diario Cultural da Radio Galega publicou unha entrevista de Xiana Arias ao poeta e contacontos Lois Pérez autor do libro Long Play.
A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 4 Xaneiro, 2018 nas categorías Críticas, Narrativa, Premios_Xerais
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais 2017.
O valor da cultura, o valor dunha novela
Calquera libro ten un valor intrínseco e estimábel en función do que supón para o mantemento e progreso dunha cultura.
Ler máis →
Publicado o 4 Xaneiro, 2018 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín, Premios_Xerais
O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela Muriel, de María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, ilustrada por Lucía Cobo.
Recensión: María Canosa, «Muriel»
Tras varios anos como finalista do Premio Merlín de literatura infantil, María Canosa fíxose co galardón en 2017 por Muriel, libro protagonista na recensión de hoxe.
Ler máis →
Publicado o 3 Xaneiro, 2018 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Radio
O Diario Cultural da Radio Galega publicou unha entrevista de Xiana Arias ao escritor Lionel Rexes, sobre a súa novela A raíña das velutinas.
A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 3 Xaneiro, 2018 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O crítico Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre a novela As cousas que non queremos oír, de María Reimóndez.
Ler máis →
Publicado o 3 Xaneiro, 2018 nas categorías Poesía, Presentacións
O mércores 10 de xaneiro de 2018, ás 20:00 horas, na Agrupación Cultural Auriense, praza do Correxedor, 11 de Ourense, terá lugar a presentación do libro Long Play de Lois Pérez.
No acto participarán Camilo Valdehorras, Manuel Outeiriño e Lois Pérez.
Ler máis →