Menu Xerais

Presentación en Santiago de “O exército de fume” de Manuel Gago

O xoves, 5 de xullo, 2018, ás 20,00 horas, na Librería Cronopios, rúa Alfredo Brañas, 24, Santiago, terá lugar a presentación da novela O exército de fume de Manuel Gago.

No acto participarán Lourenzo Fernández Prieto, Manuel Bragado e Manuel Gago, acompañados por unha sesión de narración oral que homenaxea a tradición oral e as historias da guerra e da resistencia a cargo de María da Pondragha, Soledad Felloza e Celso Fernández Sanmartín.

Colabora Adegas Martín Códax.

Deixa un comentario!