Menu Xerais

Presentación en Vilalba de «Fóra do normal», a novela coa que María Reimóndez gañou o I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade

O xornal El Progreso publica unha información sobre a presentación do libro Fóra do normal de María Reimóndez, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017.

O acto terá lugar este venres 7 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.

O certame está convocado polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e o Concello de Vilalba, coa colaboración de Xerais.

No acto participarán Marisa Barreiro, Manuel Bragado, Éric Dopazo, Agustín Baamonde, María Reimóndez e Fran Alonso.

 

 

 

 

Deixa un comentario!