Menu Xerais

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2018

Do 1 ao 10 de agosto de 2018 terá lugar, nos Xardíns de Méndez Núñez, unha nova edición da Feira do Libro da Coruña e na que Xerais ten programados os seguintes actos:

Mércores 1 de agosto de 2018

19:00 h. Presentación de O exército de fume de Manuel Gago en conversa con Manuel Bragado

Xoves 2 de agosto de 2018

19:45 h. Presentación de O Lobo con botas de El Hematocrítico con Alberto Vázquez e Cristina Ameijeiras (na carpa infantil)

Sábado 4 de agosto de 2018

19:45 h. Presentación de O que sei do silencio de Andrea Maceiras en conversa con Manuel Bragado (na carpa de infantil)

Domingo 5 de agosto de 2018

19:45 h. Conversa de Diego Ameixeiras, autor de A crueldade de abril,  e Nieves Abarca, autora de El beso de Tosca.

Luns 6 de agosto de 2018

19:45 h Presentación de Fálame do silencio de Pablo L. Orosa acompañado de Manuel Rodríguez e Fran Alonso.

Martes  7 de agosto de 2018

19:45 h Presentación de Lapis na noite de Ramón Nicolás acompañado de Mercedes Queixas,  María Canosa e Fran Alonso.

21:15 h Presentación de Galicia en bus de María Reimóndez acompañada de Manuel Rivas, Eli Ríos, Emma Pedreira e Fran Alonso.

Xoves 9 de agosto  de 2018

18:00 h. Sinatura de Ledicia Costas na Caseta da librería Cartabón

20:30 h Presentación de Contra todo isto de Manuel Rivas acompañado de Fran Alonso.

21:15 h. Presentación de Fariña de Nacho Carretero acompañado de Fran Alonso.

Venres 10 de agosto  de 2018

20:30 h. Presentación de Sen piedade de Pedro Feijoo acompañado de Sira González e Fran Alonso.

 

 

 

Deixa un comentario!