Menu Xerais

«Sen piedade», «Principio de incerteza» e «Un home estraño», entre as recomendacións literarias do crítico Ramón Nicolás para este verán

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia e no seu blog Caderno da Crítica unha listaxe das lecturas por el recomendadas para este verán.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Entre as obras recomendadas figuran os seguintes libros de Xerais:

  • Sen piedade de Pedro Feijoo. Tras acadar nos últimos anos un recoñecido status como unha das voces literarias máis poderosas, Pedro Feijoo ofrece unha novela fronteiriza na que dous protagonistas xuvenís avanzan polos labirintos da vida e, sobre todo, do amor. E fano a través dunha viaxe dura e salvaxe talvez ao fondo de nós mesmos.
  • Principio de incerteza de Pilar Ortega. Galardoada co premio Ánxel Fole de novela, a autora formula nela unha pregunta clave: que límites hai nas relacións que se poden establecer entre unha profesora e unha alumna que vive un grave conflito persoal? Velaquí unha proposta que fala tamén da maternidade, das relacións persoais, do amor e a soidade.
  • Un home estraño de Antonio Tizón. Tizón é unha voz singular que persegue sempre, abrazando as tramas de novelas negras, abordar o asunto das enfermidades mentais. Aquí, un crime perpetrado contra o arquitecto municipal da Coruña no ano 1980, que terá que resolver o inspector Sánchez Pereiro, desata un carrusel de incógnitas e sorprendentes consecuencias.

 

 

Comentarios pechados