Menu Xerais

Un libro que se le dunha sentada e que se deleita con cada palabra: «Kusuma», de Héctor Cajaraville Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Kusuma, de Héctor Cajaraville, ilustrado por María Sánchez Lires. O libro gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, 2018, e está editado por Xerais na colección infantil e xuvenil Merlín.


Kusuma, de Héctor Cajaraville


Encantoume Kusuma, o libro con que Héctor Cajaraville gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil que convoca a editorial Xerais e que publica coas xeniais ilustracións de María Lires.

Sabe o autor manexarse coa rapazallada e constrúe unha fábula necesaria sobre a inmigración e a solidariedade, sobre o medio ambiente e o seu coidado, sobre as consecuencias perigosas que supoñen especies invasoras e sobre o respecto á natureza.

Todo isto nun libro que se le dunha sentada e que se deleita con cada palabra. Ao mesmo tempo nos lembra a invasión dos eucaliptos na nosa terra e con esta a nosa riqueza.

Vaia, un libro completísimo onde o autor non deixa escapar ningún elemento necesario para a educación medioambiental e do respecto aos dereitos humanos.

Deixa un comentario!