Menu Xerais

«Vivir sen permiso e outras historias de Oeste», «Vivir a galope» e «Besta do seu sangue», entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de novembro



Vivir sen permiso e outras historias de Oeste,
de Manuel Rivas, é o primeiro libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de novembro.

En segundo lugar sitúase outro texto de Xerais: Vivir a galope, de María Xosé Queizán.

E no terceiro posto está outro libro de Xerais: Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, compartindo esta terceira posición co libro: A través do fume, editado este último por Galaxia.

A Tabela dos libros é unha valoración crítica a xeito de ránking que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos e críticas (Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo) escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

 

 

 

 


 

 

Deixa un comentario!