Menu Xerais

X. L. Méndez Ferrín recibiu o sábado en Vigo o Premio Laxeiro 2018

O escritor X. L. Méndez Ferrín recolleu o pasado sábado o Premio Laxeiro 2018 durante o transcurso dun xantar en Alcabre (Vigo) que conmemoraba a festa que realizaba anualmente o pintor Laxeiro para celebrar o seu aniversario.  A concesión do premio ao escritor de Vilanova dos Infantes significa un recoñecemento a toda unha vida dedicada á literatura. X. L. Méndez Ferrín valorou que a figura do pintor: «Sempre me pareceu que se agocha algún segredo, misterio, ou historia no fondo dos cadros de Laxeiro, na historia de toda a súa pintura. Parece contarnos un conto que xamais terá desenlace coñecido». Diversos medios de comunicación, entre eles o Faro de Vigo e o Atlántico Diario, informaron sobre o evento.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixa un comentario!