Menu Xerais

Xerais no Culturgal 2018

Os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro terá lugar en Pontevedra o Culturgal 2018 para o que Xerais preparou o seguinte programa:

Venres 30 de novembro

ESPAZO FORO: 19:30-20:00 Pepe Barro fala de Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza. Presenta Fran Alonso. Ao remate, sinatura no stand de Xerais.

ESPAZO LIBRO: 20:00-20:30 Presentación “Libros do Ciclo dos elementos” de María Reimóndez. A escritora conversa coas súas lectoras:  Ánxela Lema: En vías de extinción, Montse Dopico: Dende o conflito, Mercedes Peón: A música dos seres vivos, Montse Paz: As cousas que non queremos oír. Ao remate, sinatura no stand de Xerais.

Sábado 1 de decembro

STAND XERAIS: 18:00 Sinatura de Ledicia Costas, Víctor Rivas, Andrés Meixide dos libros Escarlatina, a cociñeira defunta; Esmeraldina, a pequena defunta; Os arquivos secretos de Escarlatina e A señorita Bubble.

ESPAZO LIBRO: 18:30-19:00 “O meu nome é Vigo, unha cidade sen piedade” Conversa entre Pedro Feijoo, autor de Sen piedade e Manuel Esteban, autor de O meu nome é Ninguén. Ao remate, sinatura no stand de Xerais.

ESPAZO INFANTIL: 19:00-19:30 Obradoiro literario de cociña de Diana Fernández e David Díaz autores do libro Cociñando con bolboretas no bandullo. Ao remate, sinatura no stand de Xerais.

ESPAZO LIBRO: 19:00-19:30 Conversa de Susana Pedreira con Yolanda Castaño e Kiko da Silva sobre  O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético. Ao remate, sinatura no stand de Xerais.

ESPAZO FORO: 19:30-20:00 Lectura de Vivir sen permiso e outras historias de Oeste e Contra todo isto de Manuel Rivas. Presenta Fran Alonso. Ao remate, sinatura no stand de Xerais.

ESPAZO LIBRO: 20:00-20:30 Conversa de Susana Pedreira con Ledicia Costas autora de A balada dos unicornios, Premio Lazarillo 2017. Ao remate, sinatura no stand de Xerais.

Domingo 2 de decembro

STAND XERAIS: 18:00 Sinatura de Paseniño, paseniño de Antonio García Teijeiro e Marcos Viso

ESPAZO LIBRO: 19:00-19:45 Premios Xerais 2018 Conversa de Ramón Rozas con Emma Pedreira, autora deBesta do seu sangue, Premio Xerais de Novela 2018; Héctor Cajaraville, autor de Kusuma, Premio Merlín de Literatura Infantil 2018 e Carlos Negro, autor de Aplicación instantánea, Premio Jules Verne 2018. Ao remate, sinatura no stand de Xerais.

 

 

 

Deixa un comentario!