Menu Xerais

Arquivo anual: 2019

Novidade: «Donos de seu: Loitas, arelas e froitos da xente do mar de Porto do Son (1580-1830)», de José Manuel Vázquez Lijó. A longa loita da xente de mar do Son pola defensa dos seus medios de subsistencia

Donos de seu: Loitas, arelas e froitos da xente do mar de Porto do Son (1580-1830), de José Manuel Vázquez Lijó, é unha novidade de Fóra de Colección de Xerais. Arredor de 1580 comezou a longa loita da xente de mar do Son, daquela un porto con menos de medio cento de casas, fronte as autoridades municipais de Muros e de Noia pola defensa dos seus medios de subsistencia.

Novidade: «Onde nacen as hedras», de Ana Varela. Un libro que constrúe a cartografía dunha caída, do proceso de perda e abandono

Onde nacen as hedras, de Ana Varela, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. O libro gañou o VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2019. Onde nacen as hedras é un libro que agroma dun derrubamento e constrúe a cartografía dunha caída, do proceso de perda e abandono. Os poemas sitúannos no lugar do oráculo que todo o ve, desde os sinais que anuncian a primeira fenda até que nos asomamos ao oco, a ruína mesma.

A escritora Emma Pedreira gaña o Premio San Clemente na categoría de lingua galega coa obra: «Besta do seu sangue». Noticia en varios medios de comunicación

A escritora Emma Pedreira gañou o XXV Premio “San Clemente – Rosalía – Abanca”, 2019, na modalidade de lingua galega, coa obra: Besta do seu sangue, publicada por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou tamén o Premio Xerais de Novela, 2018 – Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro de narrativa, 2018 – Premio Fervenzas Literaria á Mellor capa de adultos do 2018.

Miguel Vázquez Freire: «Sen o coñecemento dos clásicos, ningún sistema literario pode medrar en calidade». Entrevista en Tempos Novos sobre: «Da Carapuchiña ao señor Lamote»

A revista Tempos Novos publicou unha entrevista de Montse Pena Presas co escritor Miguel Vázquez Freire sobre o libro: Da Carapuchiña ao señor Lamote, publicado por Xerais na colección LibroX. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Un exercicio de estilo que logra integrar ben as voces narrativas: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre o libro: Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019.

Novidade: «Formigas nos pés», de Nazaret López. A radiografía da dor producida por unha ruptura

Formigas nos pés, de Nazaret López, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Formigas nos pés é un calidoscopio, a radiografía dese sentimento tan universal que é a dor producida por unha ruptura.

Novidade: « Órbita», de Lara do Ar. Un libro que recolle as voltas da intimidade contra o Universo

Órbita, de Lara do Ar, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. Órbita recolle as voltas da intimidade contra o Universo, o baile que non se deixa guiar, implacable. As viraxes dunha década peneirando a luz ata o punto certo. Afiando a lixa para queimar o veo. Nunha orde inversa, móstranos a translación da identidade, a dixestión das estacións para liquidar as estrelas.

Un poemario a cabalo entre o libro e o álbum ilustrado: «Vento, ventiño, venteiro», de Antonio García Teijeiro. Anotación en «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Raquel Senra Fernández sobre o libro: Vento, ventiño, venteiro, de Antonio García Teijeiro, con ilustracións de María Lires. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha ficción entretida que nos axuda a tomar conciencia do mundo no que vivimos e do moito que nos falta por avanzar: «O lado do que dormes», de María Canosa. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: O lado do que dormes, de María Canosa, publicado por Xerais na colección: Milmanda. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 05.00″.

Unha escrita para que a xente máis nova, e a que non o é tanto, tome conciencia ecolóxica: «Xelís, o guieiro das botellas de mar», de Rosa Aneiros. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Xelís, o guieiro das botellas de mar, de Rosa Aneiros, con ilustracións de Andrés Meixide. O libro gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, 2019, e está publicado por Xerais na colección Merlín.

Novidade: «Un lume azul», de Pedro Feijóo. Unha apaixonante e intensa novela que nos arrastra ata posuírnos

Un lume azul, de Pedro Feijóo, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Esta novela é a historia dos corpos sen vida. Unha trama de suspense que nos arrastra ata posuírnos, da que é preferible non saber nada previamente, mesmo evitando que ninguén nos desvele nada sobre ela, e gardar para nós o pracer de descubrir, de golpe, cal é a verdadeira historia que aquí se agocha.

Novidade: «Vigo, puro milagre», de Manuel Bragado. Unha guía sentimental que afonda na procura da esencia do Vigo contemporáneo

Vigo, puro milagre, de Manuel Bragado, é unha novidade da colección Crónica de Xerais. Vigo, puro milagre reúne medio cento de crónicas, escritas entre a emoción biográfica e a contención política, que ensaian unha teoría de Vigo como cidade de ferro e mel, como abella da ribeira e cidade atlántica en bisbarra, celme e cifra da Galicia contemporánea.