Publicado o 31 Xaneiro, 2019 nas categorías Premios
O Instituto de Estudios Chairegos, O Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan a entrega do II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, Rosa Aneiros, que terá lugar o sábado, día 2 de febreiro de 2019, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba.
Ler máis →
Publicado o 31 Xaneiro, 2019 nas categorías Entrevistas, Fóra de Xogo, Infantil, Xuvenil
O xornal Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López con Eva Mejuto sobre o libro: Memoria do silencio, publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo.
A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 31 Xaneiro, 2019 nas categorías Críticas, Entrevistas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Daniel Salgado ao escritor Héctor Cajaraville sobre o libro: Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Merlín.
«Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo»
Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo é unha das primeiras achegas á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2019.
Ler máis →
Publicado o 31 Xaneiro, 2019 nas categorías Críticas, Crónica, Memorias
O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre o libro Vivir a galope, de María Xosé Queizán. O libro está publicado por Xerais na colección Memorias.
A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 30 Xaneiro, 2019 nas categorías Edicións Singulares, Entrevistas, Ilustracións
O xornal La Región publicou unha entrevista co ilustrador Miguel Robledo sobre o libro: O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético, de Yolanda Castaño. Miguel Robledo é un dos corenta ilustradores galegos que participan na obra.
A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 30 Xaneiro, 2019 nas categorías Edicións Singulares, Presentacións
O mércores 6 de febreiro de 2019 ás 20:00 horas en NUMAX, Concepción Areal, 9, Santiago, terá lugar a presentación do libro Dentro da literatura de Suso de Toro.
No acto participarán José Manuel González Herrán, X. Carlos Hidalgo, Fran Alonso e Suso de Toro.
Ler máis →
Publicado o 30 Xaneiro, 2019 nas categorías Crónica, Presentacións
O venres 1 de febreiro de 2019 ás 20:00 horas na libraría Libraida de Gondomar, terá lugar a presentación do libro Vivir a galope de María Xosé Queizán.
No acto participarán Camiño Noia, Fran Alonso e María Xosé Queizán.
Ler máis →
Publicado o 30 Xaneiro, 2019 nas categorías Infantil, Merlín, Premios, Sopa de Libros, Xuvenil
O libro Poemar o mar, do que é autor o escritor Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xan López, está entre os vinte mellores libros en español do último ano, segundo a selección literaria da Fundación Cuatrogatos, que concede premios anuais ás mellores obras. O libro gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2017 e está publicado por Xerais na colección Merlín.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2019 nas categorías Clásicos, Críticas, Poesía, Radio
Alba Cid interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias. O libro está publicado por Xerais na colección: Clásicos.
A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2019 nas categorías Blogs, Críticas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Kusuma, de Héctor Cajaraville, ilustrado por María Sánchez Lires. O libro gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, 2018, e está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Merlín.
Ler máis →
Publicado o 28 Xaneiro, 2019 nas categorías Entrevistas, Poesía, Radio
O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Cesáreo Sánchez Iglesias sobre o libro: As bolboretas do Mekong, publicado por Xerais na colección Poesía.
A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 25 Xaneiro, 2019 nas categorías Fóra de Xogo, Presentacións
O xoves 31 de xaneiro de 2019 ás 20:00 horas, na librería Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, Santiago, terá lugar a presentación do libro Memoria do silencio de Eva Mejuto.
No acto participarán Marilar Aleixandre, Fran Alonso e Su Garrido que interpretará varias pezas musicais.
Ler máis →