Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2019

Novidade: «Poesía reunida (1982-2004)», de Xela Arias. A obra poética dunha escritora que ocupou un lugar de seu na cartografía literaria das últimas décadas

Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias, é unha novidade da colección Clásicos de Xerais. O volume Poesía reunida (1982-2004) dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento.

Unha trama detectivesca ao cabo ben levada: «Un home estraño», de Antonio Tizón. Anotación de Eva Moreda en «Biosbardia»

Eva Moreda publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Un home estraño, de Antonio Tizón.

Novidade: «Singamia 1.1», de Ramón Caride. A vertixe dun futuro presente

Singamia 1.1, de Ramón Caride, é unha novidade da colección Fóra de Xogo de Xerais. A comezos da década de 1980, Ric Ocasek, cantante de The Cars, dicía: «Os coches mudaron as nosas vidas, a xente fai o amor, nace e morre dentro deles. Ás veces mesmo chegan a conducilos». Así acontece hoxe coas máquinas: dos ascensores á intelixencia artificial, dos drons aos videoxogos, dos escáneres cerebrais ás cámaras ocultas.

Manuel Bragado: «O editor debe ser a intermediación necesaria entre o autor e o lector.» Entrevista nos xornais Diario de Pontevedra e El Progreso

  Os xornais Diario de Pontevedra e El Progreso publicaron unha entrevista de Jaureguizar ao editor Manuel Bragado.

Presentación en Pontevedra de “Memoria do silencio” de Eva Mejuto

O martes 29 de xaneiro de 2019 ás 20:00 horas, na Casa da Luz, praza da Verdura, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Memoria do silencio de Eva Mejuto. No acto, organizado en colaboración coa libraría Paz,  acompañarán á autora María Xesús López Escudeiro, Fran Alonso e Su Garrido que interpretará varias pezas musicais.

Novidade: «Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo», de Héctor Cajaraville. Un mestre que nunca abandonou a vocación de compartir cos demais o moito que sabía

Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo, de Héctor Cajaraville, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Antonio Fraguas Fraguas (1905-1999) foi un dos grandes persoeiros da cultura galega do século XX. Dedicouse con paixón ao estudo de Galicia como territorio, como pobo, como país, cunha curiosidade insaciable e cunha capacidade de traballo extraordinaria.

Os Premios Fervenzas Literarias recoñecen a Xerais como a mellor editorial do 2018 e premian varias das súas obras e autoras

    A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos lectores/as do portal a través de votación web. Esta é unha interesante iniciativa que se abre á participación e á opinión dos lectores e lectoras, aos que agradecemos o recoñecemento de Xerais como a mellor editorial do ano 2018, así como os resultados obtidos polos libros publicados pola nosa editorial.

Novidade: «Dentro da literatura», de Suso de Toro. O relato da conformación dun escritor

Dentro da literatura, de Suso de Toro, é unha novidade da colección Alternativas de Xerais. Este libro quere ser unha introdución á literatura, aínda que tamén debe ser o relato da conformación dun escritor. Porque escribir literatura é un oficio severo que conforma a persoa, porque un escritor é unha persoa conformada na súa natureza por ese oficio da palabra.

Novidade: «Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010)», de Camilo Nogueira. A fortaleza dunha sociedade asaltada

Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010), de Camilo Nogueira, é unha novidade da colección Ensaio de Xerais. O texto de «Unha nación no mundo. A razón resistente» abrangue o acontecido en Galiza entre 1480 e 2010. Nunha primeira parte, «Galiza no Absolutismo», considera o tempo anterior a 1810, ano en que se produce a liberación da sociedade das tropas napoleónicas.

Construír un espello con palabras da propia vida: «Vivir a galope», de María Xosé Queizán. Anotación de Ramón Nicolás no suplemento Fugas

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: Vivir a galope, de María Xosé Queizán. O libro está publicado por Xerais na colección Memorias. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Os pioneiros da banda deseñada galega (1971-1979)», de Xulio Carballo. A memoria dun tempo e dun país debuxado por mil ríos de tinta que clamaban liberdade.

Os pioneiros da banda deseñada galega (1971-1979), de Xulio Carballo, é unha novidade da colección Estudos Literarios de Xerais. No inicio dos anos setenta, mentres o franquismo agonizaba, prodúcese un novo alborexar no eido da arte galega coa irrupción da banda deseñada.

Novidade: «Se isto é un home», de Primo Levi. Un referente ineludible da literatura do século XX

Se isto é un home, de Primo Levi, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. O libro está traducido por Xoán Manuel Garrido Vilariño. Se isto é un home é unha obra desgarradora, brutal, que dá conta da vida cotiá de Primo Levi e os seus compañeiros no campo de concentración de Auschwitz-Birkenau durante o nazismo.