Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2019

Unha gran novela ateigada de corvos, unicornios, vapor, engrenaxes e nenas e nenos que atesouran o mellor de nós: «A balada dos unicornios», de Ledicia Costas. Crítica na revista Tempos Novos

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de Fran P. Lorenzo sobre o libro: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, ilustrado por Mónica Armiño. O gañou o Premio Lazarillo 2017 e está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Camaleón. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Marleen MaLone: «O libro é un manual, unha guía de badulaques e paspáns». Clube de lectura en Radiofusión sobre o libro: «Noites de safari»

O libro: Noites de safari. Manual sobre amantes desorientados, do que é autora Marleen MaLone, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Pati Lavandeira, Ana Prieto, Manuel Forcadela, Henrique Sanfiz e a propia escritora e autora do libro, Yolanda Zúñiga. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Besta do seu sangue” de Emma Pedreira

O venres 4 de xaneiro de 2018 ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro Besta do seu sangue de Emma Pedreira, Premio Xerais de Novela 2018. A autora estará acompañada de Marga do Val e Fran Alonso.

Un proxecto ambicioso que reflicte a presenza dos viquingos en Galicia: «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia», de Alberto Varela Ferreiro. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o cómic: Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia, de Alberto Varela Ferreiro. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Cómics.   Ulf de Jakobsland.

Unha sorte de experiencia que nos afasta da Terra para tentar procurar quen somos. «A gran travesía de Chiruca Macallás», de Xurxo Souto. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de Montse Pena Presas sobre o libro: A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.