Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2019

«Nova Nursia», de Héctor Cajaraville, gaña o Premio Antón Losada Diéguez 2019 na modalidade de Creación Literaria. Noticia no xornal La Región

Nova Nursia, de Héctor Cajaraville, gañou a XXXIV edición do Premio Antón Losada Diéguez na categoría de Creación Literaria. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A noticia foi recollida polo xornal La Región.

Os autores galegos están de moda. Noticia no xornal La Voz de Carballo

O xornal La Voz de Carballo, de La Voz de Galicia, publicou unha noticia dedicada aos autores galegos na que da conta de dous libros publicados por Xerais: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas e O Cabo do mundo, de Xabier Quiroga -4ª Edición – Premio da Crítica, 2010-. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Un ton divertido e cómico que fará gozar aos lectores: «Quokka Moka», de María Solar. Crítica de María Navarro no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: Quokka Moka, de María Solar, ilustrado por Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección: Merlín. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

O retrato dunha xeración que revolucionou o cómic de Galicia: «Os pioneiros da banda deseñada galega (1971-1979)», de Xulio Carballo. Anotación no xornal La Opinión

O xornal La Opinión de A Coruña publicou unha anotación de Tino Pertierra sobre o libro: Os pioneiros da banda deseñada galega (1971-1979), de Xulio Carballo. O libro está editado por Xerais na colección Obras de Referencia – Xerais Universitaria – Estudos Literarios.. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

O novo álbum de Astérix publicarase en galego da man de Xerais. Noticia no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación de Daniel Salgado sobre a publicación en galego do novo álbum de Astérix: Astérix. A filla de Vercinxetórix, da man de Xerais.   O novo álbum de Astérix publicarase en galego Unha adolescente rebelde, filla do líder rebelde galo Vercinxetórix, protagoniza o álbum número 38 do irredutíbel Astérix.

Chapela recoñece a figura da poeta e editora Xela Arias poñendo o seu nome á biblioteca. Noticia no xornal Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha noticia sobre a denominación da Biblioteca Municipal de Chapela co nome da poeta e editora galega Xela Arias Castaño (1962-2003). Xela Arias foi durante varios anos editora en Xerais, que ademais tén publicada a súa obra completa. A noticia pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Pontedeume de “Unha nación no mundo” de Camilo Nogueira

O xoves 2 de maio, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume, terá lugar a presentación do libro Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010) de Camilo Nogueira. No acto, organizado polo Ateneo Eumés, participarán Manuel Bragado e Camilo Nogueira.

Anaír Rodríguez: «A intención destes libros é que axuden a transmitir ás crianzas que as mulleres tamén foron protagonistas da historia» Entrevista no Faro de Vigo sobre o libro: «Pioneiras 2»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela coa editora e escritora Anaír Rodríguez sobre o libro: Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño,  ilustrado por Abi Castillo. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ficción e realidade nun tempo no que as máquinas se introducen na nosa vida cotiá: «Singamia 1.1», de Ramón Caride. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas de La Voz de Galicia (12 abril 2019) unha anotación sobre o libro: Singamia 1.1, de Ramón Caride. O libro está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.   Singamia 1.

Presentación do libro: «Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “Longa noite”» na RAG. Noticia nos medios de comunicación

Os xornais El Correo Gallego e 21 Noticias publicaron unha información sobre a presentación do libro: Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “Longa noite”, de Xosé Ramón Pena, na RAG. O libro está publicado por Xerais na colección: Obras de Referencia – Xerais Universitaria. A continuación reproducimos a noticia publicada en El Correo Gallego. «Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975.

Presentación en Ourense de “Vivir a galope” de María Xosé Queizán

O martes 30 de abril de 2019 ás 20:00 horas, no Café El Cercano, rúa Cardenal Quevedo 20, Ourense, terá lugar a presentación do libro Vivir a galope de María Xosé Queizán. No acto participarán Mónica Bar, Lola Reverter, Laura Seara e María Xosé Queizán.

Anxo Angueira: «Este libro é do máis grande que se escribiu en castelán no s. XIX». Entrevista no Diario Cultural sobre: «En las orillas del Sar»

O programa Diario Cultural, da Radio Galega, emitiu unha entrevista co profesor Anxo Angueira sobre o libro: En las orillas del Sar. O libro está publicado por Xerais na colección: Xerais Clásicos. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.