Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2019

Catorce relatos de lectura altamente recomendable: «Un conto siciliano e outras historias», de Estro Montaña. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre o libro Un conto siciliano e outras historias, de Estro Montaña. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. Estro Montaña, «Un conto siciliano e outras historias» Facía tempo que Estro Montaña se mantiña alonxado da narrativa de ficción, e aínda máis do relato curto.

O escritor Xosé Antonio Neira Cruz gaña o XXI Certame de Narración Curta Ánxel Fole, coa novela «‘Veleno de tinta imprensa». Noticia no xornal El Progreso

O escritor Xosé Antonio Neira Cruz gañou o XXI Certame de Narración Curta Ánxel Fole, coa novela Veleno de tinta imprensa. O certame está organizado polo Concello de Lugo e está dotado con 4.000 euros, ademais da publicación da obra premiada a cargo da Editorial Xerais.

Programa de Xerais na Feira do Libro de Compostela 2019

Do 28 de abril ao 5 de maio, no paseo central da Alameda de Compostela, vai ter lugar a Feira do Libro de Santiago 2019. Xerais ten organizado o programa seguinte: Día 28 de abril, domingo: 19:00 horas: Obradoiro arredor do libro Quokka Moka de María Solar, ilustrado por Víctor Rivas. Ao remate sinatura de exemplares. Día 2 de maio, xoves: 19:00 horas: Presentación Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros de Pilar G. Rego.

Presentación en Moaña de “Unha nación no mundo” de Camilo Nogueira

O martes 30 de abril de 2019, ás 20:30 horas, na Asociación de Mulleres de Moaña, rúa Concepción Areal, 170 entrechán, terá lugar a presentación do libro Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010) de Camilo Nogueira. No acto,  organizado pola Asociación “Universidade da Vida Elisa de la Peña González”, intervirán Manuel Bragado e Camilo Nogueira.

Convocado o III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia convocan o III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade. O prazo de presentación de orixinais remata o día 12 de xullo de 2019 (terceiro cabodano de Agustín Fernández Paz). As bases do premio poden lerse ou descargarse nesta ligazón.

O pracer de ler a un autor brillante falando do oficio de escribir na súa propia lingua: «Dentro da literatura», de Suso de Toro. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Dentro da literatura, de Suso de Toro. O libro está publicado por Xerais na colección Ensaio.

Un canto a prol da resistencia: «Transmatria», de Daniel Asorey. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Transmatria, de Daniel Asorey. O libro gañou o XXI Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu e está publicado por Xerais na colección Poesía.

Iolanda Zúñiga intervirá nas Universidades de Barcelona (UB) e (UAB)

O martes 30 de abril de 2019 ás 09:30 horas, a escritora Iolanda Zúñiga ofrecerá o seminario “Periferia. Contra a literatura confortable” na Aula 15, Edificio Josep Carner, Universidade de Barcelona. A actividade está coorganizada por ADHUC, Estudis Gallecs i Portuguesos (UB) e o Mínor de Gallec (UAB) dentro do ciclo “No només Rosalía de Castro”.

Unha novela moi recomendable para os amantes da ciencia ficción: «As mulleres da fin do mundo», de Daniel Asorey. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: As mulleres da fin do mundo, de Daniel Asorey. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 09.00″.

Un relato transgresor que engade arestas á figura do home lobo de Allariz: «Besta do seu sangue», de Emma Pedreira. Crítica no blog «Balea Cultural»

O blog Balea Cultural publicou unha recensión de Iria Pedreira sobre o libro: Besta do seu sangue, de Emma Pedreira. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2018 – Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro de narrativa, 2018 – Premio Fervenzas Literaria á Mellor capa de adultos do 2018, e está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Unha novela das que merece a pena ler: «Memoria do silencio», de Eva Mejuto. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Memoria do silencio, de Eva Mejuto. O libro está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

Un libro xeitosísimo e impecable, dende a maquetaxe, capa dura e documentación: «Elisa e Marcela. Amigas e amantes», de Narciso de Gabriel. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre o libro Elisa e Marcela. Amigas e amantes, de Narciso de Gabriel. O libro está publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.