Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2019

Novidade: «En las orillas del Sar», de Rosalía de Castro e Anxo Angueira. O final e cume dunha escritora extraordinaria

En las orillas del Sar, de Rosalía de Castro e Anxo Angueira, é unha novidade da colección Clásicos de Xerais. Despois de «Cantares gallegos» (1863) e «Follas novas» (1880), «En las orillas del Sar» (1884) é un salto adiante e definitivo por parte da autora á hora de situarse na literatura moderna europea, na «Weltliteratur».

Quen queira saber da historia da literatura galega terá que botar man desta magna obra: «Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”». Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou un artigo de Xosé Feixó sobre o libro: Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”,  de Xosé Ramón Pena. O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Universitaria. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Valentes. Un proxecto para a Igualdade». Novidade para Educación Infantil e Primaria

O material educativo «Valentes. Un proxecto para a Igualdade», concibido a partir do traballo por proxectos nas aulas, vai dirixido á Educación Infantil (5-6 anos) e á Educación Primaria (6-8 anos).

Narciso de Gabriel: «Animeime a estudar o caso de Elisa e Marcela porque era unha historia singular» Entrevista no «Sermos Galiza» sobre «Elisa e Marcela. Amigas e Amantes»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Laura Veiga ao historiador e escritor Narciso de Gabriel sobre o libro: Elisa e Marcela. Amigas e Amantes. O libro está publicado por Xerais na colección: Grandes obras – Edicións singulares. (Imaxe: Sermos Galiza).

Unha testemuña expecional do holocausto nazi: «Se isto é un home», de Primo Levi. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: Se isto é un home, de Primo Levi, traducido por Xoán Manuel Garrido Vilariño. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.

«Historia da literatura galega IV», de Xosé Ramón Pena, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de abril

Historia da literatura galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”, de Xosé Ramón Pena, é o segundo libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de abril.

Aventuras e sorpresas adobiadas de humor e desenfado: «Quokka Moka», de María Solar. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Quokka Moka, de María Solar, ilustrado por Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.

Estro Montaña: «Este é un libro duro que ten como pano de fondo o problema do narcotráfico». Entrevista no Diario Cultural sobre: «Un conto siciliano e outras historias»

O programa Diario Cultural, da Radio Galega, emitiu unha entrevista co escritor, crítico e profesor Estro Montaña sobre o libro: Un conto siciliano e outras historias. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Un percorrido exhaustivo polas aventuras fundacionais da nosa banda deseñada: «Os pioneiros da banda deseñada galega (1971-1979)», de Xulio Carballo. Anotación de Diego Ameixeiras

O suplemento Fugas do xornal La Voz de Galicia publicou una anotación do escritor Diego Ameixeiras sobre o libro: Os pioneiros da banda deseñada galega (1971-1979), de Xulio Carballo. O libro está editado por Xerais na colección Obras de Referencia – Xerais Universitaria – Estudos Literarios.. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

O relato dunha historia moi intensa e absolutamente novelesca: «Elisa e Marcela. Amigas e amantes», de Narciso de Gabriel. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Elisa e Marcela. Amigas e amantes, de Narciso de Gabriel. O libro está publicado por Xerais na colección: Grandes Obras – Edicións Singulares. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

María Solar : «Este libro ten un pouso sobre o respecto aos demais e á súa forma de pensar e ser» Entrevista no «Faro da Cultura» sobre: «Quokka Moka»

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Lourdes Varela á escritora e xornalista María Solar sobre o libro: Quokka Moka, ilustrado por Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a1975. A ‘longa noite’ “

O martes 9 de abril de 2019 ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Areal, rúa Areal, esquina rúa Oporto, terá lugar a conferencia “As luces na ‘longa noite’. A literatura galega dende 1936 a 1975″ de Xosé Ramón Pena, autor de “Historia da Literatura Galega“. No acto, organizado polo Club Faro de Vigo, participarán Xosé Ramón Pena e   X. L. Méndez Ferrín.