Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2019

Presentación en Pontevedra de “Rafael Dieste. O libre pensamento” de Luís Rei Núñez

O luns 8 de abril de 2019 ás 20:00 horas, no Espazo Nemonon, Marques de Riestra, 11-1º, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Rafael Dieste. O libre pensamento de Luís Rei Núñez. No acto as xornalistas María Varela e Susana Pedreira conversarán co autor.

«Elisa e Marcela. Amigas e amantes»: Unha nova edición actualizada dunha historia inmortal. Entrevista de Narciso de Gabriel no «ZigZag Fin de semana»

O programa ZigZag Fin de Semana da TVG, que presenta María Solar, emitiu unha entrevista co escritor e investigador Narciso de Gabriel, autor do libro: Elisa e Marcela. Amigas e amantes. O libro está publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 07:50″.

Unha poesía imbuída de precisión, de fondas filigranas, de impacto expresivo: «O xiro», de Noelia Gómez. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou un artigo de Román Raña sobre o libro: O xiro, de Noelia Gómez. O libro gañou o V Premio de Poesía Gonzalo López Abente e está publicado por Xerais na colección Poesía. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Anaír Rodríguez: «Gustaríame que estes libros servisen de punto de partida para falar da falta de referentes de mulleres reais e diversas» Entrevista no Faro de Vigo sobre o libro: «Pioneiras 2»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Selina Otero coa editora e escritora Anaír Rodríguez sobre o libro: Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño,  ilustrado por Abi Castillo. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “Dentro da literatura” de Suso de Toro

O sábado 6 de abril de 2019 ás 12:30 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina 29, de Pontevedra, terá lugar o “Vermú entre libros” no que Suso de Toro, acompañado por Ana Cabaleiro, que falará de Dentro da literatura.

E se, ao final, a historia de Marcela e Elisa se explicase dende o feminismo?: «Elisa e Marcela. Amigas e amantes», de Narciso de Gabriel. Crítica na revista Tempos Novos

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica sobre o libro: Elisa e Marcela. Amigas e amantes, de Narciso de Gabriel. O libro está publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares.

Doce relatos para non perder: «Relatos para televisión», de Xabier Cordal. Crítica de Ramón Nicolás no suplemento Fugas

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: Relatos para televisión, de Xabier Cordal. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha divertida aventura que educa ao lectorado máis novo no mundo da seguridade vial: «Orestes perde o sentido!», de Rosa Aneiros. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Orestes perde o sentido!, de Rosa Aneiros, ilustrado por Kiko Da Silva. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. Orestes perde o sentido!, de Rosa Aneiros Simpático libro este que nos trae Rosa Aneiros co título Orestes perde o sentido!, publicado por Xerais e ilustrado por Kiko Da Silva.