Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2019

Ledicia Costas: «Este libro é unha novela moi dura e de temática controvertida que escribín con algo de rabia» Entrevista no «Diario de Pontevedra» sobre «Infamia»

O xornal Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de María Varela á escritora Ledicia Costas sobre o libro: Infamia. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. (Imaxe: Rafa Fariña – Diario de Pontevedra).

Un libro imprescindible: «Rosalía feminista», de Rosalía de Castro e Helena González Fernández. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: Rosalía feminista, de Rosalía de Castro e Helena González Fernández. O libro está publicado por Xerais na colección Poesía.   Crítica de «Rosalía feminista» (Rosalía de Castro e Helena González Fernández, Xerais)   Hai libros bos, que merecen ser ponderdos porque presentan unha factura impecábel.

Un curioso exercicio de travestismo literario para afirmar a radicalidade adolescente: «Aplicación instantánea», de Carlos Negro. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre o libro Aplicación instantánea, de Carlos Negro. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018 e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación de “Lúa en Ningures” de Beatriz Maceda

O venres 31 de maio de 2019 ás 19:30 horas, no Espacio Lector Nobel, rúa Padre Feijoo 1, A Coruña, terá lugar a presentación de Lúa en Ningures de Beatriz Maceda, ilustrado por Laura Veleiro. No acto participarán Laura Lizancos (Coordinadora de proxectos na ONG Families4peace), Laura Veleiro e Beatriz Maceda.

Presentación en Boiro de “Quérote. Eu tampouco” de Cecilia F. Santomé

O venres 31 de maio ás 20:00 horas, no Centro Social, rúa Principal 77 de Boiro, terá lugar a presentación do libro Quérote. Eu tampouco de Cecilia F. Santomé. No acto, organizado en colaboración coa Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e o Concello de Boiro, participarán Pastor Rodríguez, Milagros Torrado Cespón e Cecilia F. Santomé.

Cecilia F. Santomé: «As circunstancias dos protagonistas da novela poden ser identificables para calquera persoa entre os 25 e os 40 anos». Entrevista no «Zig Zag Diario» sobre: «Quérote. Eu tampouco»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista con Cecilia F. Santomé, autora do libro: Quérote. Eu tampouco. O libro está publicado por Xerais na colección Milmanda. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Unha serie comiqueira con historias diferentes que nos fan sorrir: «Animalia 2. Branco», de Xosé Tomás. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Animalia 2. Branco, de Xosé Tomás. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín. Animalia 2. Branco, de Xosé Tomás Segue a me encantar esta serie comiqueira que escribe Xosé Tomás e que publica Xerais: Animalia 2.

Arancha Nogueira gaña o Premio Johan Carballeira de Poesía co poemario titulado: «O silencio das gaivotas». Noticia no xornal «Faro de Vigo»

Arancha Nogueira gañou unha nova edición do Premio Johan Carballeira de Poesía co poemario titulado: O silencio das gaivotas. O galardón inclúe unha dotación económica de 1.500 euros e a publicación do libro por Xerais. A noticia foi recollida polo xornal Faro de Vigo. Pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Barcelona de “Os días felices de Benvido Seixas” de Eduard Velasco

O venres 31 de maio de 2019 ás 19:00 horas, no Espai Subirachs, Carrer Batista, 6, Barcelona, terá lugar a presentación do libro Os días felices de Benvido Seixas de Eduard Velasco. No acto, organizado coa colaboración de Espai Subirachs e a libraría Etcétera, participarán Helena González Fernández e Eduard Velasco.

Unha biografía con rigor de ensaio e sabor a conto: «Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo», de Héctor Cajaraville. Anotación no xornal La Voz de Galicia

O xornal La Voz de Galicia publicou una anotación asinada por Ana Abelenda sobre o libro: Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo, de Héctor Cajaraville. O libro está editado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Unha demorada e documentada achega á vida dun dos nosos autores máis salientables. «Rafael Dieste. O libre pensamento», de Luís Rei Núñez. Anotación no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Montse Pena Presas sobre o libro: Rafael Dieste. O libre pensamento, de Luís Rei Núñez. O libro está publicado por Xerais na colección: Biografía. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Xerais publica un dos álbums clásicos de Uderzo & Goscinny: «Astérix en Britania». Entrevista cos tradutores Xavier Senín e Isabel Soto no Diario Cultural

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Xavier Senín e Isabel Soto, tradutores do álbum: Astérix en Britania, de René Goscinny e Albert Uderzo. O libro está publicado por Xerais na colección Cómics. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.