Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2019

A literatura infantil en galego acada un momento de eclosión. Reportaxe en La Voz de Galicia

O xornal La Voz de Galicia publicou una reportaxe asinada por Olalla Sánchez sobre a literatura infantil en galego na que da conta dos seguintes títulos publicados por Xerais: Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo, de Héctor Cajaraville; Quokka Moka, de María Solar e A guerra dos botóns, de Louis Pergaud. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nestas ligazóns: - Literatura infantil en galego 1.

O Premios Xerais 2019 fallaranse o sábado 9 de xuño

Os Premios Xerais 2019 fallaranse o sábado 8 de xuño Este ano compiten un total de 92 obras A festa de entrega dos galardóns terá lugar no mes de outubro coincidindo coa aparición das obras gañadoras. Os xurados declararán as obras finalistas na súa primeira reunión, que se celebrará o venres 31 de maio. Os premios serán fallados o sábado 8 de xuño. O xurado da XXXVI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.

Unha novela dunha soa cara e, probablemente, dunha soa lectura: «Fálame do silencio», de Pablo L. Orosa. Anotación de Xesús González en «Biosbardia»

Xesús González Gómez publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre o libro: Fálame do silencio, de Pablo L. Orosa. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.   ‘Fálame do silencio’, de Pablo L. Orosa. Un debut mediano   Recibo a novela de Pablo L.Orosa, Fálame do silencio (Xerais, 2018).

Ledicia Costas: «Tiña moita gana, dende hai moito tempo, de escribir unha historia sobre unha desaparición». Entrevista en Radio Vigo sobre: «Infamia»

A emisora Radio Vigo, de Ser Galicia, emitiu unha entrevista coa escritora Ledicia Costas para falar sobre o libro: Infamia, publicado por Xerais na colección Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Un poderoso relato de acción no que se mesturan historia, lenda e ficción: «O exército de fume», de Manuel Gago. Anotación no blog «Biosbardia»

O blog Biosbardia publicou unha anotación de Xesús González Gómez sobre o libro: O exército de fume, de Manuel Gago.  O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.   ‘ O exército de fume’, fazañas bélicas na busca de público   «Na súa segunda novela, Manuel Gago mergúllase nun poderoso relato de acción no que se mesturan a historia, a lenda e a ficción.

Unha historia de amor, humor e dobres identidades: «Os días felices de Benvido Seixas», de Eduard Velasco. Entrevista no «ZigZag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista co escritor Eduard Velasco sobre o libro: Os días felices de Benvido Seixas. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Manuel Esteban: «Quería presentar o personaxe de Carlos Manso como un policía rudo e bronco, pero non fun capaz» Entrevista en Nueva Revolución sobre «A ira dos mansos» e «O meu nome é ninguén»

A web Nueva Revolución publicou unha entrevista de Iria Bouzas ao escritor Manuel Esteban sobre os libros: A ira dos mansos (Xerais, 2016) e O meu nome é ninguén (Xerais, 2019).

Narciso de Gabriel: «A loita social de Elisa e Marcela, o dereito a vivir o amor como un queira, segue igual de vixente». Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre: «Elisa e Marcela. Amigas e amantes»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Mila Méndez a Narciso de Gabriel sobre o libro: Elisa e Marcela. Amigas e amantes. O libro está publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

No territorio fronteirizo dunha proposta acaída para calquera tipo de lectorado: «Revolución Detrito», de Xosé de Cea. Crítica de Ramón Nicolás no suplemento Fugas

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: Revolución Detrito, de Xosé de Cea. O libro foi finalista do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un libro que nos sitúa nun futuro no que o mundo agoniza: «As mulleres da fin do mundo», de Daniel Asorey. Entrevista no «ZigZag Fin de Semana»

O programa ZigZag Fin de Semana da TVG, que presenta María Solar, emitiu unha entrevista co escritor Daniel Asorey, autor do libro: As mulleres da fin do mundo. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Anxo Angueira: «`En las orillas del Sar´ chegou nun contexto no que agromaba a tensión entre o campo literario galego e o castelán». Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Anxo Angueira sobre o libro: En las orillas del Sar. (Imaxe de Rosalía e ‘En las orillas del Sar’ (Xerais) CC-BY-SA Praza Pública). O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos.

Presentación en Lugo de “Fornelos & Fornelos: terceira fundación” de Xerardo Quintiá

O venres 24 de maio de 2019 ás 19:30 horas, na librería Trama, Avda da Coruña 21, Lugo, terá lugar a presentación do libro Fornelos & Fornelos: terceira fundación de Xerardo Quintiá, VII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey. No acto participarán Darío Xohán Cabana, Fran Alonso e o autor.