Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2019

Ledicia Costas: «Escribo do que vexo, do que me traspasa, do que me emociona, do que me seduce». Entrevista no xornal «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Ana Abelenda á escritora Ledicia Costas. (Foto: Xoan Carlos Gil / Ilustración: Pinto & Chinto.

Unha obra perfecta para iniciar á mocidade na literatura para adultos: «Tres pintores», de Cid Cabido. Anotación na revista «Tempos Novos»

A revista Tempos Novos publicou unha anotación de César Lorenzo Gil sobre o libro: Tres pintores, de Cid Cabido. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta, 2018, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Santiago Catalán: «Este libro pretende mirar de forma diferente os edificios de Santiago». «Arquitecturas debuxadas. Compostela». Artigo no xornal «El Progreso»

O xornal El Progreso publicou un artigo de Nacho G. Menéndez sobre o libro: Arquitecturas debuxadas. Compostela, de Santiago Catalán. O libro está publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Pura emoción na procura da dignidade humana: « Transmatria», de Daniel Asorey. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: Transmatria, de Daniel Asorey. O libro gañou o XXI Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu, e está publicado por Xerais na colección Poesía.   Crítica de «Transmatria» (Daniel Asorey, Xerais)   Transmatria é o primeiro poemario de Daniel Asorey, mais non parece un poemario primeirizo.

Presentación en Monforte de “O raposo aviador que voa sen motor” de Antonio Reigosa

O venres 24 de maio ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Centro do Viño de Monforte, terá lugar a presentación do libro O raposo aviador que voa sen motor de Antonio Reigosa e ilustrado por Laura Cortés. No acto, organizado por Aula Aberta en colaboración coa Deputación de Lugo, o Concello de Monforte, O Centro do Viño e a Librería Fénix, participarán Fran Bouso, Laura Cortés e Antonio Reigosa.

Xoán Manuel Garrido: «Este libro pódese tomar como unha advertencia e esperemos que lle fagamos caso». Entrevista no xornal «La Voz de Galicia» sobre o libro: «Se isto é un home»

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista de Jorge Lamas a Xoán Manuel Garrido, tradutor da obra: Se isto é un home, de Primo Levi. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un fermoso alegato dos beneficios da lectura como detonante antibélico: «Lúa en ningures», de Beatriz Maceda. Crítica de Antonio García Teijeiro en «Versos e aloumiños»

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: Lúa en ningures, de Beatriz Maceda, ilustrado por Laura Veleiro. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.

Un tratado amplo e rigoroso de todos e cada un dos pasos dados pola nosa literatura contemporánea: «Historia da literatura galega IV», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre o libro Historia da literatura galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”, de Xosé Ramón Pena. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “Infamia” de Ledicia Costas

O mércores 22 de maio de 2019, ás 19:30 horas, na libraría Cronopios, Frei Juan de Navarrete, 5, Pontevedra, terá lugar a presentación da novela Infamia de Ledicia Costas. No acto a xornalista Susana Pedreira conversará con Ledicia Costas.

Presentación en Betanzos de “Un home estraño” de Antonio TIzón

O mércores 22 de maio, ás 19:30 h., na libraría Biblos, rúa Santiago, 4, Betanzos, terá lugar a presentación do libro Un home estraño de Antonio Tizón. O acto contará coa participación de Cándido Barral e Antonio Tizón e será aderezado coa actuación musical de Sheila Patricia.

Héctor Cajaraville: «Por riba da súa traxectoria académica, todo o mundo destaca de Fraguas o boa persoa que era» Entrevista na RAG sobre: «Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo»

O portal da Real Academia Galega publica unha entrevista ao escritor Héctor Cajaraville sobre o libro: Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.

Novidade: « Somos os monstros», de Paula Carballeira. Unha historia divertida e profunda sobre o medo ao descoñecido

Somos os monstros, de Paula Carballeira, ilustrado por Ignacio Hernández Fernández, é unha novidade da colección Biblioteca Dramática Galega de Xerais. O libro gañou o X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018. Unha nena e un neno pérdense cando saen a xogar no bosque arrasado polo último incendio. Un monstro grande e un mostro pequeno habitan nese bosque. Nenos e monstros vanse atopar.