Publicado o 16 Maio, 2019 nas categorías Entrevistas, Narrativa
O xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista de Ana Abelenda á escritora Ledicia Costas sobre o libro: Infamia. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 15 Maio, 2019 nas categorías Alternativas, Presentacións
O martes 21 de maio de 2019, no salón de actos da Escola Aula D, rúa Elduayen 36-1º de Vigo, terá lugar a presentación do libro Máis que ver, cen historias do deseño na Galiza de Pepe Barro.
O acto, organizado en colaboración co Ateneo Atlántico, Aula D. Escola de Deseño e Xerais, contará coa participación de Carlos Bernárdez e Pepe Barro.
Ler máis →
Publicado o 15 Maio, 2019 nas categorías Infantil, Merlín, Novidades, Xuvenil
Quen salva un can, de Érica Esmorís, ilustrado por Iria Fafián, é unha novidade da colección Merlín de Xerais.
Que farías ti por salvar o teu can? Rai faríao todo.Por amor á súa cadela Nona, Rai lánzase á aventura máis disparatada e, por momentos arriscada, na terra onde os cans falan.
Ler máis →
Publicado o 15 Maio, 2019 nas categorías Blogs, Críticas, Edicións Singulares
O magazine cultural A que cheira, papá? publicou unha anotación de Guillermo Rodicio sobre o libro: Michigan / Acaso Michigan, de Antón Reixa. O libro está editado por Xerais na colección Edicións Singulares.
«Michigan/Acaso Michigan» (Antón Reixa – Xerais)
Falamos de “Michigan, acaso Michigan, crónica de 18 dúas en coma”, o último libro de Antón Reixa.
Ler máis →
Publicado o 15 Maio, 2019 nas categorías Blogs, Críticas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: O raposo aviador que voa sen motor, de Antonio Reigosa, ilustrado por Laura Cortés. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.
Ler máis →
Publicado o 14 Maio, 2019 nas categorías Biografía, Crónica, Edicións Singulares, Grandes Obras, Premios
O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu o sábado, día 11 de maio de 2019, unha nova edición dos Premios Gala do Libro Galego, acto no que se deron a coñecer as obras gañadoras desta cuarta edición da iniciativa.
Os Premios Gala do Libro Galego 2019 recoñeceron dous libros de Xerais. Na categoría Ensaio e investigación, premiouse o libro: Común temos a patria.
Ler máis →
Publicado o 14 Maio, 2019 nas categorías Cómic, Novidades
Astérix en Britania, de René Goscinny e Albert Uderzo, é unha novidade da colección Cómic de Xerais.
Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos… Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor.
Ler máis →
Publicado o 14 Maio, 2019 nas categorías Entrevistas, Narrativa
O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Susana Regueira a Xurxo Souto sobre a novela: A gran travesía de Chiruca Macallás. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 14 Maio, 2019 nas categorías Críticas, Narrativa
O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Pilar Ponte sobre o libro: As mulleres da fin do mundo, de Daniel Asorey. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa.
A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 13 Maio, 2019 nas categorías Merlín Cómic, Novidades
Animalia 2. Branco, de Xosé Tomás, é unha novidade da colección Merlín Cómics de Xerais.
«Animalia» é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats. Historias autoconclusivas dunha páxina reunidas en tres entregas: a primeira, «Animalia 1. Verde», localizada na selva; a segunda, «Animalia 2. Branco», no mundo do mar e da auga; e a terceira, protagonizada polos animais domésticos.
Ler máis →
Publicado o 13 Maio, 2019 nas categorías Biografía, Críticas, Crónica, Radio
O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Rafael Dieste. O libre pensamento, de Luís Rei Núñez. O libro está publicado por Xerais na colección: Biografía.
A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 06.00″.
Ler máis →
Publicado o 13 Maio, 2019 nas categorías Críticas, Infantil, Sopa de Libros, Xuvenil
O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Mar Fernández Vázquez sobre o libro: As peripecias de Extravaganzza Pérez, de Ledicia Costas, ilustrado por Óscar Villán. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →