Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2019

Novidade: «Conta nove estrelas», de Andrea Maceiras. Unha incrible aventura na que a nena Quepi desobedecerá o mandato dos vixilantes para protexer un bobó tan especial coma ela

Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras, ilustrado por Paula Mayor, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. O libro gañou o Premio Lazarillo 2018. Uns pequenos e peludos animais ameazan a Galaxia Oma. Desde o Observatorio Interestelar, os Vixilantes ordenan o exterminio de toda a especie, xa que os bobós, malia o seu adorable aspecto, son seres salvaxes e perigosos.

Novidade: « Os días felices de Benvido Seixas», de Eduard Velasco. Unha novela retranqueira que enreda cos tópicos da cultura galega para facer un brinde a favor do humor

Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Bienvenido queda sen tabaco e acaba nun centro sociocultural contrario aos seus intereses de clase. Un home coma el nunca entraría nun sitio coma ese, pero tampouco acabaría pasando a noite con Mariña, a camareira activista que lle serviu a primeira copa de moitas.

«Fornelos & Fornelos», entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de maio

Fornelos & Fornelos, de Xerardo Quintiá, é o terceiro libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de maio de 2019. O libro gañou o VII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, e está publicado por Xerais na colección Poesía.

Unha historia da nosa literatura que xa é unha referencia para os estudosos e críticos literarios: «Historia da Literatura Galega IV», de Xosé Ramón Pena. Anotación no xornal El Correo Gallego

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación do profesor Xosé Luis Couceiro sobre o libro: Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”, de Xosé Ramón Pena.

Novidade: « Infamia», de Ledicia Costas. Unha novela poderosa e adictiva que explora o máis recóndito da alma humana

Infamia, de Ledicia Costas, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza. A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra.

Novidade: « Ás oito da tarde, cando morren as nais», de AveLina Pérez. Un canto coral sustentado no absoluto baleiro

Ás oito da tarde, cando morren as nais, de AveLina Pérez, é unha novidade da colección Biblioteca Dramática Galega de Xerais. O libro gañou o XXIV Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, 2018.

Luis Rei Núñez: «Esta biografía facilitará gozar de todo canto Dieste deixou escrito ao longo da súa traxectoria». Entrevista no Faro de Vigo sobre: «Rafael Dieste. O libre pensamento»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Luis Rei Núñez, autor do libro: Rafael Dieste. O libre pensamento. O libro está publicado por Xerais na colección Crónica – Biografía. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha proposta lectora imprescindible: «Un conto siciliano e outras historias», de Estro Montaña. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: Un conto siciliano e outras historias, de Estro Montaña. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.   Crítica de «Un conto siciliano e outras historias» (Estro Montaña, Xerais)   Pasan cousas así.

Presentación en Lugo de “Quérote. Eu tampouco” de Cecilia F. Santomé

O mércores 15 de maio de 2019, ás 20:00 horas, na librería Lectocosmos, Praza Anxo Fernández Gómez, 3, Lugo, terá lugar a presentación da novela Quérote. Eu tampouco de Cecilia F. Santomé. No acto participarán Raquel Vila-Amado, Cecilia F. Santomé e Fran Alonso.

Unha vacina contra o inmobilismo crítico: «Historia da Literatura Galega IV», de Xosé Ramón Pena. Anotación no xornal El Correo Gallego

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación de Joaquim Ventura sobre o libro: Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”, de Xosé Ramón Pena.   «Historia da Literatura Galega IV», de Xosé Ramón Pena Se de algo tería que servir facer anos é saber evitar calquera arrouto sectario. Cousa que no caso da análise das letras galegas non sempre resulta doado.

Unha visión vital pasada pola peneira da narrativa: «Rafael Dieste. O libre pensamento», de Luís Rei Núñez. Entrevista no xornal La Voz de Galicia

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Xesús Fraga a Luis Rei Núñez, autor do libro: Rafael Dieste. O libre pensamento. O libro está publicado por Xerais na colección Crónica – Biografía. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Antonio Reigosa: «No fabulario tradicional se hai un animal simpático, aínda que sea trampulleiro, ese é o raposo». Entrevista en Radiofusión sobre: » «O raposo aviador que voa sen motor»

O raposo aviador que voa sen motor, de Antonio Reigosa, ilustrado por Laura Cortés, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Esther Val, Tatty Lavandeira e Andrés C.M. Riveira. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.