Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2019

Presentación en Vigo de “Infamia” de Ledicia Costas

O luns 13 de maio de 2019, ás 19,30 horas, no Instituto Camões, Praza Tenente Almeida, s/nº, Vigo, terá lugar a presentación da novela Infamia de Ledicia Costas. No acto acompañarán á autora Carla Sofia Amado, Leitora USC, Responsável do Camões em Vigo; Manuel Bragado e Fran Alonso.

Un novo volume da historia da literatura galega relata o período coñecido como a «longa noite», de 1936 a 1975. Entrevista a Xosé Ramón Pena no «Zig Zag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista con Xosé Ramón Pena, autor do libro:Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”. O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Universitaria. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 11:08″.

Camilo Nogueira: «A cuestión nacional non pertence ás esquerdas nin ás dereitas». Entrevista no Faro de Vigo sobre: «Unha nación no mundo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Salvador Rodríguez a Camilo Nogueira, autor do libro: Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010),. O libro está publicado por Xerais na colección Obras de Referencia – Ensaio. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “Os días felices de Benvido Seixas” de Eduard Velasco

O sábado 11 de maio de 2019 ás 12:30 horas, na libraría Chan da Pólvora, rúa de San Pedro 74, Santiago, terá lugar a presentación do libro Os días felices de Benvido Seixas de Eduard Velasco. No acto participarán Suso de Toro, Eduard Velasco e Fran Alonso.

Presentación en Lugo de “Un home estraño” de Antonio Tizón

O xoves 9 de maio, ás 19:00 h., na libraría Trama, Avenida da Coruña, 21, Lugo, terá lugar a presentación do libro Un home estraño de Antonio Tizón. O acto, que contará coa participación de Manuel Bragado e Antonio Tizón, será aderezado coa actuación musical de Sheila Patricia.

Cecilia F. Santomé: «O libro fala sobre xente intentando agarrarse ao amor como solución a determinadas carencias». Entrevista no xornal El Progreso sobre: «Quérote. Eu tampouco»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Silvia Iglesia a Cecilia Fernández Santomé sobre o libro: Quérote. Eu tampouco. O libro está publicado por Xerais na colección Milmanda. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Un estudo necesario para unha disciplina artística que segue sendo cuestionada: «Os pioneiros da banda deseñada galega (1971-1979)», de Xulio Carballo. Anotación no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou un artigo de Raquel López sobre o libro: Os pioneiros da banda deseñada galega (1971-1979), de Xulio Carballo. O libro está editado por Xerais na colección Obras de Referencia – Xerais Universitaria – Estudos Literarios.. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O mércores 8 de maio de 2019, ás 20:00 horas,  na libraría Paz, Peregrina 29, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto. No acto participarán Salvador Rodríguez, Lola Ribeira e Xurxo Souto.

Vídeo da presentación de: «Un conto siciliano e outras historias», de Estro Montaña, na Libraría Librouro de Vigo

A libraría Librouro de Vigo acolleu o día 26 de marzo de 2019 a presentación do libro: Un conto siciliano e outras historias, de Estro Montaña.  No acto acompañaron ao autor os escritores Xosé Ramón Pena e Inma López Silva, así como o editor e director de Xerais, Fran Alonso. A presentación foi recollida no seguinte vídeo.

Unha obra silenciada tanto no campo literario español coma no galego: «En las orillas del Sar», de Rosalía de Castro. Entrevista a Anxo Angueira en La Voz de Galicia

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Xesús Fraga a Anxo Angueira sobre o libro: En las orillas del Sar. O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

O bisturí analítico do profesor Xosé Ramón Pena enfróntase á «longa noite de pedra»: «Historia da Literatura Galega IV». Anotación no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación sobre o libro: Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”, de Xosé Ramón Pena.   «Historia da Literatura Galega IV», de Xosé Ramón Pena O período que Celso Emilio Ferreiro bautizou como “longa noite de pedra” é o núcleo do cuarto volume da monumental Historia da Literatura Galega de Xosé Ramón Pena.

Xosé Ramón Pena: «A Guerra Civil tronzou unha andaina social e un progreso no que Galicia participaba» Entrevista no xornal La Opinión sobre: «Historia da Literatura Galega IV»

O xornal La Opinión de A Coruña publicou unha entrevista de Salvador Rodríguez a Xosé Ramón Pena sobre o libro: Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”. O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Universitaria. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.